Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
07:05 07/02/17
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López, visitou onte as instalacións do centro de recursos de Nantón
Un dos propósitos da asociación Íntegro para este 2017 é reforzar o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional no Ámbito Rural - PIMD Rural -. Un dos primeiros pasos para acadalo é a incorporación da traballadora social da asociación ao equipo de profesionais que xestionan o proxecto. O proxecto centrarase este ano moi especialmente no ámbito laboral, e nese sentido a entidade ten previsto iniciar contactos cos axentes de emprego e intermediadores laborais dos catro concellos implicados.
Cabana, Malpica, Ponteceso e Laxe renovaron onte o seu compromiso con Íntegro e co PIMD Rural, nun acto ao que tamén asistiu a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e que se celebrou onte pola mañá no centro de recursos de Nantón é un deles. A secretaria xeral louvou o traballo que está a facer Íntegro pola inclusión da muller rural, destacou a importancia de traballar “na mellora das capacidades” para facilitar a súa inserción laboral e pediu unha atención especial para as mulleres vítimas de violencia de xénero.
Máis de 100 beneficiarias
O PIMD Rural está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. No primeiro ciclo permitiu atender a 108 mulleres dos catro concellos, prioritariamente con disCapacidade, que se beneficiaron dos diferentes servizos que presta o equipo de profesionais responsable do programa.
Neste primeiro bienio incidiuse na formación como unha ferramenta imprescindible para a mellora laboral das mulleres, e, de feito, o ano pasado xa se acadaron seis insercións laborais, e esta mesma semana empezarán a traballar outras tres usuarias en prácticas. Íntegro está en contacto con varias empresas da zona, e agora quere implicar aos servizos municipais relacionados co emprego para poder seguir avanzando.
Novas relacionadas
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro