Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Íntegrou premiou aos seus socios cunha fermosa festa

Íntegrou premiou aos seus socios cunha fermosa festa
Festa do Socio de Integro

Durante a xornada de hoxe celebrouse no Centro de Recursos de Nantón a festa do socio e da socia, dita festa levaba tres anos sen celebrarse debido ao momento económico polo que se estaba a atravesar e, aínda que o momento actual tampouco é o mellor decidimos reunir ás persoas asociadas xa que son a base da labor de INTEGRO, e o contacto con elas permite coñecer as súas demandas e orientar a acción asociativa cara a súa satisfacción.

Traer a festa de volta ó centro serve para por unha parte optimizar os recursos e, por outra parte, para que as socias e os socios comproben as melloras que se introducen nas instalacións en concreto as melloras no sistema de calefacción e illamento e o acondicionamento da finca para a instalacións duns invernadoiros, que foron os últimos investimentos realizados grazas as achegas económicas aportadas pola Deputación da Coruña e pola Xunta de Galicia a través do AGADER e as melloras na organización resultado das premisas marcadas no plan estratéxico da entidade para os anos 2014-2016 e no plan de calidade.

Nesta ocasión tiveron que desculpar á corporación municipal de Cabana que non puido estar presente por coincidir cunha xornada deportiva organizada polo concello pero sí nos acompañaron o alcalde de Malpica Eduardo Parga, o tenente alcalde Miguel Fernández e a concelleira de Servizos Sociais Marisol Blanco aos que lles agradecemos a súa presenza como representantes de administración na nosa celebración sendo o concello de Malpica un exemplo na inclusión das persoas con diversidade funcional e un dos concellos que confían na asociación INTEGRO para as súas actividades formativas.

Diversi Teatro de Integro

A xornada comezou coa demostración dos dispositivos para a mobilidade traídos pola empresa Soluciona Grupo EMS e que as persoas socias puideron probar e adaptar as súas características; a partir das 13:30 comezou a obra de teatro “E ti onde estas?” interpretada polo grupo Diversi&teatro, formado polas usuarias e usuarios do Centro de Recursos e, ó rematar, comezou o xantar do que disfrutaron ó redor de 60 persoas, as que agradecemos a súa presenza e colaboración coa entidade.

Barbacoa na Festa do Socio de Integro Xantar na Festa do Socio de Integro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios