Novas Xornadas de Formación de ANPAS por toda a bisbarra

08:10 12/05/17
Cabana, Cee, Carballo, Ponteceso, Malpica, Laracha e Baio están acollendo nas vindeiras datas varias Xoernadas de Formación das ANPAS. Xornadas organizadas polas ANPAS Galegas e a Federación Provincial de ANPAS A Coruña-Costa da Morte, dirixidas a familias que queiran involucrarse no devir do centro de ensino dos seus nenos.
Onte, xoves 11 de maio, abríase a veda no Salón de Actos de Cabana de Bergantiños, con Alfonso Varela e Antón de la Fuente Subiela falando das avaliacións de diagnóstico externas.
Hoxe, venres toca na Biblioteca de Ponteceso, a partir das 20:00h e se dalará ademais de como formar un Consello Escolar Municipal, da Xestión organizativa interna das ANPAS así como de temas de Fiscalidade nas Asociacións sen ánimo de lucro. Todos temas de gran interese para a cidadanía.
Ademais, a vindeira semana tocan citas:
- Luns 15 de maio: - 16:00h: Colexio Milladoiro de Malpica; - 19:30: Colexio Otero Pedraio de Laracha;
- Martes 16 de maio: - 19:30h: Casa da Cultura de Cee;
- Xoves 18 de maio: - 19:30h: Biblioteca de Cerceda.
- Venres 19 de maio: - 19:30h: Pazo da Cultura de Carballo.
- Luns 22 de maio: - 21:00h no auditorio do pavillón en Baio.

Novas relacionadas
- Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites:
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).