Novos horarios para o único punto limpo da costa bergantiñá
08:28 11/02/13
Xa coñecemos a lacra en materia de puntos limpos na Costa da Morte. Difícil é reciclar, difícil é evitar que os veciños non fagan vertedoiros ilegais nos montes se non temos unha infraestrutura de reciclaxe integral. En todo caso, que esta nota sirva de información.
Coa nova concesión do Punto Limpo da costa bergantiñá á empresa Coregal, temos novos horarios. Así, o Punto Limpo dos Concellos de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso, situado no, Polígono Industrial de Tella, en Ponteceso, permanecerá aberto de luns a mércores en horario de mañá (de 10:00h a 13:00h) e de xoves a sábado mañá e tarde (de 10:00h a 13:0h e de 15:00h a 18:00h.
Máis información
Novas relacionadas
- Unha nota informativa sobre Puntos Limpos e recollida de residuos.
- Denuncian un vertedoiro ilegal con material municipal en Ponteceso.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).