Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido

O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido
Pola Homologacion do Camino dos Faros como Ruta de Largo Recorrido GR

Será toda unha festa cando vexamos estas marcas vermellas e brancas nas rochas do litoral costeiro. Será unha nova vitoria destres combativos trasn@s, que non decaen na súa pelexa por convertir en eterno o máxico Camiño dos Faros.

Ten xa perfilado a Asociación Camiño dos Faros o seu proxecto integral de dinamización. Un proxecto que ten o claro obxectivo de que o Camiño “exista e perviva no tempo”, tal e como o deseñaron os trans@s, e que “cada día o faga máis xente co máximo respecto á natureza”.
O Camiño demostra o poder da cidadanía, que foi quen de crear un ben común pola sociedade da Costa da Morte.

O proxecto de futuro ten varias patas, sendo a máis importante aHomologación de ruta de Gran Percorrido GR. Teñen claro que “agora mesmo, o paso máis importante que queremos dar é homologar Ou Camiño dous Faros como unha Ruta de Gran Percorrido GR, que supoñería, ademais de mellorar a sinalización e a seguridade dos caminantes, estar presente en todas as publicacións de senderismo a nivel europeo.

Por iso xa están en contacto coas administracións, sobre todo coa Deputación, que sería o promotor e máximo financiador, pero tamén con cada un dos concellos que atravesa, para confirmar a súa implicación; e coa Xunta, para analizar coa sección de Conservación de Natureza os sendeiros. Nesas están, preparando o documento final a presentar na Deputación, mentres fan un Estudo de Definición do Sendeiro para presentar tamén na Federación Galega de Montañismo.

Sendeiro de Longo Recorrido (GR)

Agora a Deputación deberá facer seu o proxecto de homologación presentado pola Asociación camiño dos Faros e presentalo na Federación de Montañismo, que será a que valore e supervise.

O mantemento do camiño

Clave será o mantemento dos sendeiros, e para iso a Deputación será a responsable. A propia Asociación asumiría os traballos de desbroce, e de sinalización para manter limpo e definido o camiño cun convenio ca entidade provincial.

O que teñen claro os trasnos é que queren o camiño tal e como está. Nada de pasarelas de madeira, pois despois de 3 aos de traballos consideran que está perfectamente, despois de telo superado un neno de 7 anos ata un señor de 77.

A promoción

Outra das patas do Proxecto é a Promoción, a través dos grandes xestores de comunicación que a través da rede teñen espallado o Camiño dun xeito impresionante cun audiovisual moi coidado, así como en charlas a maiores e escolares, ou na edición de dípticos ou mapas, para que o solicitarán o apoio da Deputación.

Xa van 5 edicións guiadas, teñen o segundo Ultratrail 2015 en marcha, teñen recibido numeross grupos externos de xentes de toda a península que veñen facer o Camiño, e mesmo teñen levado a Traski ata as feiras de turismo de Londres ou Fitur.

Iso si, seguen necesitando máis e máis adhesións e unha mellor financiación para manter vivo o legado dos trasn@s.

Longa vida ao Camiño dos Faros!!


Máis información

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

Comentarios