Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición

O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición
O Faro Vilan na 5 etapa do Camino dos Faros

Xa o di sempre Traski. A fin non é facer esta clase de quedadas multitudinarias. O fin é que cada un poida facerse o Camiño dos Faros cando queira, e para iso a Asociación traballa arreo para conseguir a homologación como Ruta de Gran Percorrido (GR). Un feito que permitiría a pervivencia deste marabilloso sendeiro posto en valor polos trans@s da sociedade civil.

Uns trasn@s que piden máis axuda que nunca, máis voluntarios para coller o relevo de cara a esta 5ª edición. A Asociación segue artellando todos os trámites e xestións pero busca voluntarios para cumplir co protocolo e que todo saia perfecto durante as 8 etapas.

A saída será de Malpica o vindeiro domingo 22 de marzo, e coma sempre, cada 15 días, os amantes da natureza invadirán os coídos da Costa da Morte ata chegan á fin da terra un 27 de xuño. Así, seguirá axudando a promocionar a Costa da Morte e darlle un impulso económico a ducias de lugares do litoral costeiro co paso da familia trasna.

5 edicion do Camino dos Faros-Costa da Morte

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios