Domingo. 20.09.2020
El tiempo

O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta

O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta
CMAT-Costa-da-Morte-ca-Xunta

Por fin parece que o CMAT, o novo e “único” ente chamado a coordinar o sector turístico da Costa da Morte, ponse en marcha. Estes días están a asinar o convenio de colaboración entre a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia, para a “realización de actividades de valorización dos recursos turísticos no Xeodestino Costa da Morte”.

Será un convenio bianual de 40.000€ cada ano, no que os concellos e a patronal, a APTCM, terán que aportar outros 16.000€. Na nesa xa a ten o presidente do ente Costa da Morte Asociación Turística, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para rubricalo.
E pendentes está na Directiva doutro novo posible convenio, da mesma contía, coa Deputación da Coruña, que poderá aprobarse no vindeiro mes.

O convenio ca Xunta irá destinado a formación e desenvolvemento virtual. Comezará cun novo cambio da imaxe de marca, actualizando o logo e cunha nova web e apps, focalizarase o esforzo nas redes sociais, e posicionamento SEO e SEM; ademais dun Plan de Comunicación e un importante Plan de Formación orientado a mellorar o sector turístico e hostaleiro.

O máis probable, é que non saia a licitación pública ningún dos proxectos subvencionados, pero esa decisión é da Xunta.

Os Concellos representados, e que teñen que participar de xeito económico, son: Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.


Novas relacionadas

Máis novas turísticas

Fonte

comentarios