Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Concello de Cabana abre as súas portas 24 horas coa sede electrónica

O Concello de Cabana abre as súas portas 24 horas coa sede electrónica
Captura da Sede electronica do Concello de Cabana

https://sede.concello-cabana.es é a nova dirección do Concello de Cabana. Unha dirección aberta 24 horas do día e os 365 días do ano para que os veciños do municipio poidan realizar trámites administrativos desde a casa as con todas as garantías legais, de confidencialidade e de seguridade.

I é que o Concello de Cabana de Bergantiños puxo esta semana en funcionamento a súa sede electrónica, a través da plataforma da Deputación da Coruña. É o 2º Concello da Costa da Morte trala implantación en Vimianzo, se ben a de Ponteceso está a piques de abrir e hai outras 5 sedes electrónicas prramas para saír, como son as de Camariñas, Corcubión, Dumbría, Malpica e Muxía.

Moi importante é a apertura desta ferramenta nunha bisbarra como a nosa con tanta emigración. E máis se cabe cando o custe para os concellos é cero.

Esta sede permite, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, e os usuarios só precisarán o DNI electrónico ou un certificado electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e de seguridade.
Esta plataforma, que fai da Administración un ente máis áxil, máis ordenado e máis transparente, está incluída dentro do Plan de Administración Electrónica Municipal posto en marcha pola Deputación da Coruña co obxectivo de cubrir un dereito do cidadán que é o acceso ás administracións públicas, pero que resulta moi custoso para os concellos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios