O GDR Costa da Morte abre nova convocatoria de Axudas Leader
Emprendedores da zona, estade atentos pois a Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR, vén abrir unha nova Convocatoria de Axudas Programa Leader Galicia para os anos 2017 e 2018, dentro do marco 2014 – 2020 para toda Galicia.
Polo tanto, está aberto o prazo para solicitar as axudas do Programa Leader que xestiona esta asociación no seu territorio, que abarca os seguintes 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
O único lugar que queda fora das axudas Leader é o núcleo/lugar de Carballo.
O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 31/01/2017 e esténdese durante todo o período ata o 31 de marzo de 2020.
Cada ano vai haber 2 convocatorias para resolver expedientes:
- A 1ª ata o 31/03/ano
- A 2ª ata o 31/05/ano.
Polo tanto, calquera persoa ou entidade que teña en mente levar a cabo un proxecto xa pode presentar a solicitude de axuda.
Orzamentos 2017/2018Aprobouse o orzamento previsto para proxectos produtivos e non produtivos para esta primeira convocatoria:
Tipo de proxecto |
2017 |
2018 |
Total |
Produtivos |
366.169,43€ |
204.941,95€ |
571.111,38€ |
Non Produtivos |
197.168,15€ |
110.353,36€ |
307.521,51€ |
Total |
563.337,58€ |
315.295,31€ |
878.632,89€ |
Máis información
- Edificio de Servizos Múltiples. Rúa A Torre, s/n – 15129 Vimianzo. Tlf: 608 633 222.
- Centro Comarcal de Bergantiños. A Camposa, s/n – Buño – Malpica de Bergantiños. Tlf: 981 71 73 58 – 678 648 065
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
Fonte
- GDR.