mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Nadal, unhas datas especiais en Íntegro e Apem

O Nadal, unhas datas especiais en Íntegro e Apem
Nadal en Integro

Recibimos un par de imaxes dos festivais de Nadal que artellaron os centros de APEM en Cee e de Íntegro en Cabana.

En APEM

Onte, en Cee, o centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, acolleu unha festa de celebración da chegada do nadal. A este acontecemento asisten os usuarios, as súas familias, socios e amigos da entidade.
Este ano contaron coa colaboración estelar de dúas artistas do mundo do teatro, cine e televisión como son Luisa Merelas e Elina Luaces, que participaron representando unha obra de teatro.
Tamén estiveron as Pandereteiras da Solaina, que xunto coa actuación dos usuarios do centro e traballadores farán da tarde unha xornada diferente, animada e chea de alegría.

Para rematar pecharon a fin de semana a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes.

En Íntegro

Ademais, en Íntegro, tamén estiveron de celebración esta mañá de venres. Comezaron co xogo "Quen son eu?", continuaron poñéndolle a barba a Papa Noel, pasaron por unha sesión de mímica para acabar cunha parrilada para usuarios e familiares para o xantar de nada. A xornada rematará coa chegada de "Papa Noel" para entregarlles uns agasallos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios