xoves. 01.05.2025
El tiempo

O novo Plan de Medio Ambiente da Deputación invita a mellorar as políticas municipais

O novo Plan de Medio Ambiente da Deputación invita a mellorar as políticas municipais
 

Van recibir os Concellos da zona unha nova partida da Deputación para mellorar o entorno rural e a calidade ambiental. O novo Plan de Medioambiente (PMA), dotado con 5 millóns de euros, foi aprobado o pasado venres para promover políticas respectuosas co medioambiente dende o ámbito municipal.

 

As bases do plan especifican que os concellos deben destinar un mínimo do 50% da súa asignación do PMA a investimentos medioambientais. A porcentaxe restante, até un máximo do 50%, pode destinarse a actividades relacionadas coa mellora do entorno natural dos municipios.

 

Os proxectos de investimentos financiables a través deste novo plan provincial deben ter un orzamento superior aos 15.000 euros. Entre eles contémplanse a contrución, substitución ou mellora das instalacións produtoras de enerxía, a mellora dos sitemas de alumeado público orientados ao aforro e a mellora da eficiencia enerxética ou á redución da contaminación lumínica, mellora dos sistemas de climatización de edificios municipais, adquisición e instalación de colectores de recollida selectiva de lixo, creación ou adecuación de parques, xardíns e outras zonas verdes de titularidade municipal ou a renovación e mellora de redes de saneamento e abastecemento de auga, entre outros investimentos cuxo obxectivo principal sexa a conservación do medioambiente.

No apartado de actividades poderán incluirse proxectos cun orzamento mínimo de 3.000 euros que estean relacionados con esta finalidade, tales como estudos de mellora da eficiencia enerxética, realziación de mapas de ruídos e control ac´sutico, campañas de limpeza de espazos verdes (ríos, áreas recreativas, montes), campañas de sensibilización medioambiental ou de eliminación de especies invasoras como a “herba das Pampas” (cortaderia selloana), xornadas e accións de formación relacionadas coa reciclaxe, a conservación do medio natural ou a loita contra o cambio climático e a contratación de brigadas medioambientais que axuden ao correcto mantemento dos espazos verdes e, ao mesmo tempo, contrbúan á creación de postos de traballo, un dos obxectivos principais da Deputación durante o presente mandato.

Asignación por Concellos

Cabana de Bergantiños 52.342,36
Camariñas 39.785,95
Carballo 47.478,01
Carnota 42.572,12
Cee 38.560,85
Corcubión 33.767,90
Coristanco 59.007,58
Dumbría 82.117,39
Fisterra 33.279,76
Laxe41.116,84
Malpica de Bergantiños 43.535,83
Mazaricos 81.246,62
Muxía 61.496,66
Muros 39.273,16
Ponteceso 51.066,93
Santa Comba 59.825,04
Vimianzo 60.527,13
Zas 62.508,51

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios