O PP de Bergantiños prepárase para as Europeas e as Municipais 2015

08:10 21/02/14

O presidente provincial do PP e alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do secretario xeral e presidente da Deputación, Diego Calvo, presidiron unha xuntanza este pasado xoves 20 de febreiro en Caión coas cabezas visibles do partido na comarca de Bergantiños.
Estiveron presentes membros do PP de Carballo, de Coristanco, de Cabana, de Laxe, de A Laracha, de Ponteceso e de Malpica.
E deixaron claro que o 2014 é un ano "clave" e "importante" pola celebración das Eleccións ao Parlamento Europeo e por tratarse do ano previo ás eleccións municipais.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PP comarcal.