Martes. 01.12.2020
El tiempo

Os Concellos de Cabana e Malpica seguirán xestionando o Dolmen de Dombate e o ecomuseo do Forno do Forte

Os Concellos de Cabana e Malpica seguirán xestionando o Dolmen de Dombate e o ecomuseo do Forno do Forte
Eduardo Parga, Xesús Soto e José Muíño Eduardo Parga, Xesús Soto e José Muíño O deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto Vivero, asinou hoxe un convenio co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, para a xestión integral do ecomuseo do Forno de Forte de Buño, e outro acordo similar co alcalde de Cabana, José Muíño Dominguez, con respecto ao Dolmen de Dombate. A través destes acordos, a Deputación transfire aos concellos a xestión dos bens culturais de titularidade provincial, para que organicen as visitas e servizos de guía, programen actividades, fomenten o estudo e a investigación do patrimonio da zona e se encarguen do mantemento e conservación dos mesmos durante o ano 2017. A institución provincial aportará 120.000 euros aos concellos de Malpica e Cabana de Bergantiños para cubrir os gastos de xestión.

Conxunto etnográfico do Forno do Forte de Buño

Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Oleria de Buno 2016 3 Cocedura Tradicional do Forno do Forte na Mostra de Olería de Buño 2016 A Deputación da Coruña colabora co concello de Malpica de Bergantiños desde o 2006, na posta en valor e difusión da olería tradicional de Buño, mostrando desde a vida cotiá dos artesáns ata todo o proceso de elaboración das pezas, nunhas instalacións que recuperan e conservan os elementos arquitectónicos propios dunha casa dedicada á alfarería. Por primeira vez no 2016, a Deputación concedeu a xestión integral do ecomuseo do Forno do Forte de Buño ao concello de Malpica, establecendo así os principios dun acordo que se encamiña cara unha futura cesión do conxunto etnográfico. Entre as funcións que adquire o concello e Malpica de Bergantiños, atópase ofrecer un horario mínimo de atención ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 horas a 19.00 horas, todos os días da semana a excepción do luns. Así mesmo, manterase a taberna ao servizo dos visitantes, cunha oferta baseada nos produtos tradicionais da zona.

Dolmen de Dombate

Unha visita escolar a Dombate Unha visita escolar a Dombate O Concello asumirá o servizo de atención a visitantes e a programación de actividades destinadas á protección, conservación, e posta en valor da "catedral do megalistismo" galego. Tamén se destinan parte dos fondos a seguridade e control de acceso e actividades culturais complementarias de música ou teatro como os ciclos "Inverno na memoria", "Primavera das letras", "Verán cultural" ou "Outono do patrimonio", que se desenvolverán no recinto. Entre outras actividades de difusión e formativas, o Dolmen de Dombate acollerá visitas escolares todos os venres de xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro e os xoves de abril, maio e xuño. Así mesmo, realizaranse visitas guiadas abertas ao público en xeral cada 30 minutos. Como actividade nova propóñense as visitas nocturnas nas noites do verán. O convenio estipula os horarios de atención ao público que serán de fin de semana en temporada baixa e ampliaranse a toda a semana en temporada alta. O Domen conta tamén cun teléfono habilitado para a atención a visitantes para cita previa co número 981 754 020 e poderase reservar tamén por escrito a través do correo electrónico [email protected] ou no fax 981 754 229.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios