Os gravados do Dolmen de Dombate, escaneados para coñecer o seu estado de saúde


Aínda hai moitas cousas por descubrir da Catedral do Megalitismo galego. Así o pensan na Deputación que vén acompañar nunha visita ao Dolmen de Dombate aos catedráticos en Prehistoria da Universidad de Álcala de Henares, Rodrigo de Balbín e Primitiva Bueno. Ambos, xunto ao profesor da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia, Fernando Carrera, participaron na supervisión dos traballos de escaneado que se están a realizar sobre os gravados inscritos nas lousas do Dolme de Dombate.
Un escaneado que serve para contribuir a ampliación do coñecemento sobre a xénese e a historia do dolmen. Os traballos de escaneado láser das lousas do monumento megalítico, coordinados polo enxeñeiro, Roberto Cabeceira, tamén permitirán valorar cal é o estado de conservación actual dos elementos que o integran.
A actuación reconstruirá dixitalmente unhas litografías que até o de agora non foran sometidas a un exhaustivo estudo. Unhas indagacións que si se realizaron sobre as pinturas prehistóricas presentes no conxunto arquitectónico. Neste sentido, os achadegos que deriven das investigacións actuais, serán incorporadas ao estudo realizado polo CSIC sobre as manifestacións pictóricas de Dombate.
Os traballos sobre o conxunto artístico fican escadrados dendro do proxecto de investigación "Rebuilding Megalithic memories", unha iniciativa que está a ser financiada e coordinada pola Universidade de Álcala de Henares (UAH).
Novas relacionadas
- Xaneiro 2018: Dombate roza os 30.000 visitantes en 2017.
- Setembro 2016: O Dolmen de Dombate, premio do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia á sustentabilidade
- 14-01-16: Dombate volve co seu guía.
- 11-01-16: “Dombate non é un centro comercial”.
- Óscar de Souto: Unha de cal e unha de area en Dombate.
- 10-12-15: Comeza o control das pinturas do dolmen de Dombate.
- Un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).