![Aprender Ingles no ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE Aprender Ingles no ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE]()
Este ano os nenos da Costa da Morte teñen de novo a posibilidade
de aprender inglés e divertirse no concello de
Cabana, onde se fará a terceira edición deste proxecto, coa chegada
de ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE, iniciativa de
Nieves Eiroa Souto, veciña da localidade de Cabana, e
Gerard Geraghty, Profesor nativo irlandés.
Ademais de achegarse ao inglés, un idioma indispensable no futuro e necesario xa, os nenos tamén coñecerán otras realidades coma os deportes ou os costumes anglosaxóns.
![Xogando ao rugby co CRAT no ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE Xogando ao rugby co CRAT no ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE]()
Participará ademais Guido Leborini, deseñador de xoguetes onde utiliza persoaxes galegos como protagonistas dos seus xogos, por exemplo o Xabarín. Ou xogos de mesa coma o Camiño de Santiago, onde un dos persoaxes é a Santa Compaña. Este italiano, xerente de Galileo Nenos, afincado en Vimianzo contaralle aos nenos porqué elixiu a Costa da Morte para vivir.
Contan coa colaboración do
Concello de Cabana de Bergantiños e da Anpa A Riveira.
![Beisbol en Kayak no Esteiro do Anllons co ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE Beisbol en Kayak no Esteiro do Anllons co ENGLISHFEST NA COSTA DA MORTE]()
O
“ENGLISHFEST” é un campamento de inglés, dinámico, onde os nenos aprenderán inglés nun ambiente divertido e seguro, aprendendo gramática e vocabulario mentras se realizan outras actividades coma deportes anglosaxóns, kayac, clases de natureza, reciclaxe, xornadas contra o racismo o de as mulleres no trabalho...
Están previstos dous campamentos para este verán. O primeiro dende
o 29 de xuño ao 10 de xullo, ambos incluidos, e o segundo será
do 13 ao 24 de xullo, tamén, ambos incluidos.
Máis información e inscrición
Para máis información poñerse en contacto a través dos mails gerardgeraghty@gmail.com e mneiroa@yahoo.es, chamando ao teléfono 662 015 734(Nieves) o Gerry por whatsapp 00353 87 719 2843 e tamén no perfil de facebook: https://www.facebook.com/EnglishfestExperience.
Fonte