Xoves. 18.04.2019
El tiempo

Os usuarios de Íntegro volven lanzarse á piscina

Os usuarios de Íntegro volven lanzarse á piscina
Usuarios de Integro na piscina de Cabana Usuarios de Íntegro na piscina de Cabana

Mellorar a súa coordinación, equilibrio e autonomía persoal son os obxectivos principais da acción de piscina terapéutica que cada ano abre a Asociación Íntegro para os seus usuaruos. Dende hai 8 anos, de outubro a maio, dez usuarios/as acoden semanalmente á piscina municipal de Cabana no marco do programa de saúde e benestar do departamento de Fisioterapia, que utiliza o medio acuático cun fin correctivo e preventivo.

Ademais dos innumerables beneficios físicos, estas sesións repercuten positivamente na adquisición dunha maior independencia, auto-confianza e capacidade de socialización. As sesións, dunha hora de duración, lévanse a cabo unha vez á semana, xeralmente os venres.

A entidade espera que os usuarios gocen así dunha experiencia tan saudable como divertida. ”E quen sabe se este pode ser o comezo dunha longa e prometedora carreira deportiva!!”

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-usuarios-de-integro-e-adisbismur-disfrutan-da-piscina/

Comentarios