Venres. 29.03.2024
El tiempo

Pobres, vellos e apaleados

Pobres, vellos e apaleados
Un pensionista na Costa da Morte chega a cobrar ata un tercio menos que un da Coruña ou un 40% menos que un vigues. Cadro-Analise das Pensións na Costa da Morte 2017-2018 Este é o panorama que se extrae da observación dos datos feitos públicos polo IGE e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Así, un escrutinio da pensión media que percibe un traballador retirado no territorio de referencia para este xornal dixital amosa a enorme brecha existente en materia de pensións (outra mais) na Costa da Morte e con respecto non so a Galicia senón tamen a media do estado. En detalle: un pensionista en Santa Comba recibe de media ata 226 euros menos que un en Cee. De feito, a existencia de salarios e prestaciones ligadas a actividade industrial amosa a sua verdadeira cara neste estudo.  Así, os pensionistas mellor remunerados de media ao mes están en Corcubión, Cee e Dumbría, e cunha prestación moi superior a dos concellos cunha actividade volcada ao mar, como Fisterra, Malpica ou Camariñas, e a enorme distancia dos pensionistas que cotizan polo Rexime Especial Agrario (a "Agraria" de toda a vida) que concentran as prestacións mais baixas. Ainda así, e de xeito global, o panorama tamen é dramático. So un pensionista de Corcubión percibe unha prestación que supera a media galega (en 12 euros) e ningun concello da bisbarra pode presumir de que os seus retirados cobran pensións acordes a media estatal. Os casos mais sangrantes pasan por Santa Comba, Vimianzo e Zas, onde un  pensionista pode chegar a percibir unha media de 280 euros menos que a media nacional e 250 menos que a media galega. So os prestatarios residentes en Corcubión, Cee, Muros e Dumbría son quen de rozar a media galega, que é a sua vez das mais baixas do estado e que ronda os 879 euros ao mes. Para abondar no dato, un  pensionista na cidade herculina percibe unha media de 911,40 €, un Compostelán supera os 1.012 e un vigues alcanza sen problemas os 1.065 € de media ao mes, a friolera de 435 euros mais ao mes que un pensionista en Vimianzo .

Comentarios