Podemos abre o seu segundo Círculo na Costa
Xa estivemos en Fisterra coñecendo o primeiro Círculo Podemos da bisbarra. Hoxe imos ata o norte, para saber quen anda detrás do novo Círculo Podemos Bergantiños. Cristina Regueira é quen se pon en contacto con nós para facer un chamamento a todas esas persoas da zona que votaron ao grupo que revoluciounou as Eleccións Europeas. De feito, foron máis de 1130 as que votaron por este grupo nos Concellos de Bergantiños, sendo un total de 2127 nos concellos QPC.
”Dende fai uns días estamos organizando esta comunidade e como a súa razón de ser é a de dar a oportunidade á xente de participar nas cuestións políticas que lles afectan por medio da democracia directa, é importante que esta iniciativa teña a maior difusión posible para que poida participar canta mais xente mellor”, sinalan.
Por iso, neste momento chaman a todas as persoas que estean “interesadas en participar de maneira activa na construcción desta iniciativa, e tamén ó resto de persoas ós que estén interesados en participar como cidadáns con dereito decisivo nas cuestións que debatamos nun futuro”.
Unha nova forza política está agromando na Costa da Morte.
Máis información
Novas relacionadas
- Eleccións Europeas: A Costa da Morte non cre no final do bipartidismo.
- Louzán: Lecturas das Eleccións Europeas.
- Identifican a varios veciños por concentrarse en Cee polo refererendum.
- Fisterra pode contra a indignación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).