A praza do Pendón conta cun novo mural

09:54 26/05/25
Nova acción de muralismo e á difusión cultural deste tipo de ámbito artístico en Cabana. A praza do Pendón conta cun novo atractivo: a obra que Leandro Lamas vén de realizar coa colaboración inestimable da rapazada do CPI As Revoltas.
A composición está versada na igualdade, na relevancia de poñer en valor que só a acadaremos se todas e todos, xuntas e xuntos bogamos en favor dunha sociedade libre de machismo.