Venres. 26.04.2024
El tiempo

Primeiras detencións na Costa por sendos incendios en Cabana e Muxía

Primeiras detencións na Costa por sendos incendios en Cabana e Muxía

Enviaba a semana pasada a Consellería de Medio Rural na que aseguraba que o 80% dos incendios en Galicia son intencionados. Malia que sexa algo que pareza claro, non deixa de sorprendernos, e se non hai unha política integral non se conseguirá corrixir.

Hoxe recibimos un comunicado de varia detencións en Cabana e Muxía. Pero estas actuacións son só unha parte do tratamento integral contra incendios. Que hai da prevención? A día de hoxe non hai apenas patrullas facendo traballos de limpeza de montes, acción fundamental á que non se lle presta a devandita atención.

Detencións

A Garda Civil adscrita ao Seprona de Corcubión, imputaron fai un par de días a dúas mulleres, unha delas veciña de Cabana de Bergantiños, de 52 anos, e a outra, veciña de Muxía, de 48 anos, como supostas autoras de senllos incendios forestais ocorridos nos lugares de Canduas (Cabana) e Martinelo, (Muxía). Ao parecer, segundo os responsables da investigación, ambos os incendios foron intencionados.

Á primeira das detidas, créselle autora de polo menos dous incendios na zona de Cabana, aínda que non se descarta a súa implicación noutros ocorridos con anterioridade e todos por un área próxima aos últimos. Nun dos citados incendios, aínda que a súa extensión non foi importante, se o foi o feito de que un núcleo de poboación próximo ao lugar do lume, correu grave perigo pola proximidade das chamas, a escasos metros dalgunha das vivendas.

No segundo dos casos, en Muxía, a suposta autora do lume logrou queimar unha importante superficie forestal que ademais se enmarca dentro do espazo protexido Rede Natura 2000. Os feitos foron postos en coñecemento da autoridade xudicial competente.

Cinco detidos ou Imputados na Coruña e 19 en Galicia

No que vai de ano, os axentes do instituto armado imputaron ou detiveron a cinco persoas relacionadas con este tipo de feitos, na provincia coruñesa. De momento ningunha imputación en Lugo, seis en Ourense e oito en Pontevedra. En total en Galicia, a Garda Civil detivo ou imputou a 19 persoas por delito de incendio forestal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios