Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O PSOE pide á Xunta que incite á Igrexa a rehabilitar a reitoral de Corcoesto

Pombal e hórreo da Casa Reitoral de Corcoesto-Cabana

Despois da inclusión da “Lista Roja” do Patrimonio e a denuncia pública realizada pola Asociación Petón do Lobo, colle a luva o PSOE para levar a ruinosa situación da Reitoral de Corcoesto ao Parlamento Galego.

As súas deputadas e do seu deputado, María Dolores Toja Suárez, María Concepción Burgo López e Luís Manuel Álvarez Martínez, presentarán unha proposición non de lei instando o Goberno galego a establecer, na maior brevidade posible, un convenio coa Diocese de Santiago para levar a cabo as obras de rehabilitación necesaria na casa consistorial e pombal de Corcoesto co fin de eliminar o potencial perigo para as persoas visitantes ante o risco de derrube das cubertas da casa reitoral e pomba.

Establece ademais que “a casa é un claro exemplo da arquitectura tradicional das casas reitorais que se construíron na comarca de Bergantiños”.

Novas relacionadas

Comentarios