Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rescatan unha persoa sendeirista no Monte Castelo

Bombeiros Carballo rescate monte castelo
Rescatan unha persoa sendeirista no Monte Castelo

Este mediodía de domingo, arredor das 14:00h, os Bombeiros de Carballo, os bombeiros do GES Ponteceso, voluntarios de Protección Civil Laxe, a Ambulancia SVB de Carballo e a Garda Civil, participaron no rescate dunha persoa que facía sendeirismo polo Miradoiro do Monte Castelo, en Cabana.

A sendeirista tiña unha posible fractura nun nocello. Os sanitarios da ambulancia estabilizaron á persoa, e procederon a porteala nunha padiola de rescate ata a ubicación da ambulancia, a uns 400 metros de distancia. Posteriormente foi evacuada ao PAC de Ponteceso.

Incendio

Bombeiros Carballo incendio Grela

Así mesmo, arredor das 16:23 deste domingo, os Bombeiros carballeses tiña que desprazarse á Grela por un incendio declarado nas inmediacións do pavillón da Grela, por unha queima de lixo na explanada que está diante do pavillón abandonado. Estaban queimando neumáticos, cepas de árbores… e o lume expandíase aos matorrais darredor. Os bombeiros extintiguiron o lume en colaboración cos forestais.

Comentarios