Venres. 20.09.2019
El tiempo

Senda Nova queda nas corredoiras por Primavera

Senda Nova queda nas corredoiras por Primavera
Jose Manuel Menendez e Evaristo Dominguez de Send Nova Jose Manuel Menendez e Evaristo Dominguez de Senda Nova

O Espazo da Natureza de Oza acolleu a presentación da 9º edición do programa máis antigo de Senda Nova: A Primavera en Ruta.

Jose Manuel Menéndez, coordinador do proxecto e o historiador e membro de Senda Nova Evarísto Domínguez Rial, un dos guías máis especiais de Senda Nova. Os dous explicaron que cada un dos 8 itineriarios non foron escollidos ao azar, se non que pretenden achegarnos a todos ao patrimonio natural, cultural e paisaxístico das comarcas de Bergantiños, Soneira ou Ordes.

A idea está clara: alonxarse do asfalto e andar por corredoiras ás beiras dos ríos.

O día 15 de abril comezan as andainas, sendo este o percorrido completo:

O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños) 15 abril Distancia aproximada 21 km A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo) 22 abril Distancia aproximada 22 km RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños) 29 abril Distancia aproximada 16 km TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas) 6 maio Distancia aproximada 19km COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica) 13 maio Distancia aproximada 17 km CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco) 20 abril Distancia aproximada 21 km CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha) 27 maio Distancia aproximada 15 km RÍOS DE SOFÁN (Carballo) 3 xuño Distancia aproximada 22 km. Lugares de saída A Laracha: diante do concello Carballo: rúa Venezuela Malpica: diante do concello Ponteceso: casa de Pondal Coristanco: diante do concello A Agualada: quiosco Baio: parada de bus Zas: diante do concello

Máis información e inscrición

A data límite de inscrición é 2 días antes de cada roteiro.

 
  • Senda Nova comproba os efectos da eucaliptización no Bosque da Ribeira da Pena.
  • Senda Nova repasa as historias da aldea de Candelagho.
  • Senda Nova percorre as Terras do Marqués.
  • A Escola Ambiental de Senda Nova xa achega a natureza máis cercana a 25 rapaces de Bergantiños.
  • Só Senda Nova se molla polos nosos ríos.
  • 2017: 180 km de corredoiras para facer historia na Primavera en Ruta de Senda Nova.
  • Fonte

    Comentarios