Martes. 16.07.2019
El tiempo

Sés, orgullo identitario sobre o escenario suízo

Sés, orgullo identitario sobre o escenario suízo
Concerto de Ses en Suiza Imaxe do Concerto de Sés
A pasada fin de semana a artista galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, ofreceu o seu primeiro concerto en Suiza. A sala Kuspa de Münchenstein en Basilea, acolleu a unha ampla colectividade, na súa maioría [email protected] residentes no país helvético, que agradeceron enormemente a proximidade da artista. A escritora cabanesa, e embaixadora galega nno norte de Europa, Alejandra Plaza, tivo unha longa conversa coa artista de raíces bergantiñanas, e quérea compartir con QPC:
Traballadora incansable, inconformista e gran defensora da lingua galega malgastou enerxía e paixón sobre o escenario xunto a Tito Calviño. A través do seu gran chorro de voz, forza e carisma chegou á sensibilidade dun público entregado cun gran repertorio musical onde a denuncia polas desigualdades entre homes e mulleres, as inxustizas, a desidia ou as diferenzas que hai na sociedade convértena nunha gran comunicadora das realidades do mundo. Gozou e compartiu o orgullo identitario que caracteriza ao [email protected] residente no exterior e destacou a importancia do traballo que realizan para mantelo e que perdure no tempo. A cantautora galega que se define como cantareira e que presume de aprender a cantar grazas ás vellas do seu pobo concedeu unha entrevista a este medio.  Concerto de Ses en Suiza 2
 
  • É a primeira vez que ofreces un concerto no país helvético. Como te sintes? Que diferencias atopas entre o público da Galiza exterior e o da casa?
Síntome moi contenta, a relación de Galiza con Suíza, por sorte ou por desgraza, foi sempre moi intensa. Varios dos meus tíos foron emigrantes aquí e na terra de miña nai, Carballo, moitas foron as familias que viñeron buscar un futuro mellor a este lugar. Realmente por iso o concerto non será moi diferente dun dado en Galiza, agás nun aspecto moi importante: o orgullo identitario que se respira sempre que vas a unha comunidade galega no exterior, esa aura de dignidade e de amor polo noso que che cargas as pilas. En Suiza, ademais de escoitar un galego cunha fonética perfecta marabillosa, podes sentirte nunha especie de Galiza mellorada a ese nível, anível de amor propio.
  • Que opinas do traballo que realizan os emigrantes nos países receptores como embaixadores de Galicia? 
Un traballo espectacular. Por desgraza, como dicía, temos que salientar que unha parte determinante da cultura galega foi creada e protexida polos emigrantes e exiliados no S.XX. Creo que iso continúa hoxe en día. A nível lingüístico, por exemplo, as comunidades galegas no exterior están facendo unha laboura valiosísima neste momento tan perigoso de perda de falantes. Vexo e oio emocionada nenos de dous anos falar cunha naturalidade que cada vez é máis difícil de atopar no propio País. Isto ademais de bonito, repito, é importantísimo. A maiores diso, alá onde vou e digo quesongalega, axiña noto unha resposta cariñosa e amábel, o que dá boa conta da imaxe positiva que a nosa xente espalla polo mundo, de cordialidade, honestidade e profesionalidade entre outras cousas.
  • Como percibes ou como che transmiten a Morriña os galegos residentes no exterior?
Coido que iso é moi galego, a saudade, esa morriña que ves incluso nos que xa naceron no País de acollida. Síntoa moi amorosa e moi digna, un pouco triste tamén, porque sabes que a xente é intelixente e realista e non lle gusta ver como os seus netos volven ter que pasar polo que eles pasaron. Vese a situación de necesidade que o Estado Español está ofrecendo ás xeracións novas e respírase un descontento realista, pero ao mesmo tempo sen victimismo. Unha crítica construtiva e unha vontade de superación e de traballar para voltar ou para non voltar, pero sobretodo para darlleun futuro aos fillos e tentar que eles non pasen por ese trance tan traumático. Aínda así, o que máis vexo nos centros galegos do exterior é un amor e un orgullo inmenso poo noso.
 
  • Que destacarías desta viaxe e que mensaxe che gustaría trasladar a toda esa xente que ten que emigrar para atopar un futuro laboral ou para, simplemente, ser valorados e remunerados dignamente? 
Esta viaxe é un contacto privilexiado coa miña xente no exterior. Con toda a xente que leva Galiza dentro do peito e que se emociona ao falar dela igual ca min. A mensaxe que lles daría é de admiración, pero tamén de ánimo e de forza, sobre todo para tentar mudar certas cousas no noso País pensando en voltar a un lugar mellor en que si poidan ofrecer un futuro aos seus fillos.
  • Es unha persoa loitadora e defensora dos dereitos humanos, as inxustizas e a igualdade. Que ten a favor e en contra ser tan reivindicativa na industria musical? 
En contra xa podes imaxinar, ser vetada e reducida moitas veces, ou directamente silenciada. Despois tamén está quen cre que reivindicas certas cousas como unha estratexia para gañar adeptos, isto si que me fai rir, porque vamos, desde logo sería completamente gilipollas tirando pedras no meu propio tellado, pero hai xente para todo.
 A favor non sei, supoño que unha gran empatía de persoas que se sinten igual que ven as mesmas cousas que podo ver eu, que as sufren e que agradecen que ti cantes e fales sobre elas, en certo modo hai xente que sinte a súa voz aí tamén  e é tremendamente agradecida comigo, até extremos que nin sequera considero que mereza pero que me fan sentir tremendamente privilexiada. Quédome desde logo co segundo, sentirse parte dunha voz crítica e disidente desde o amor á humanidade e á causa máis nobre que eu coñezo: a igualdade de todos os seres que poboamos o planeta.
  • Como se vive o papel da muller no mundo da música?
Por darche unha resposta ben galega, vaise levando. Xa sabes que ser muller non favorece en ningunha profesión, e nesta tampouco. Pero coido que é relativamente doado tentar traballar e liderar igual que calquera, simplemente tes que pagar o prezo de caer mal e ser criticada. Eu son consciente de que iso é así e non perdo máis tempo rabeando, senón aprendendo a sobrelevalo e a untarme ben en vaselina. Que falen de min anque sexa be, como dicía Dalí, porque se falan mal quere dicer que as cousas me van moi ben, pois dos mediocres inguén fala. Sempre me fixo moita graza esa resposta que el dou con valentía e con intelixencia. Todo nesta vida ten un prezo, e o prezo de tentar ser unha muller libre nun mundo de homes é caer mal e que te critiquen, pero eu págoo sen problema. Cada vez que me desgusto penso nas sufraxistas, en Rosa Parks ou en Rosalía e logo me pasa...

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cabanesa-alejandra-plaza-a-mellor-embaixadora-galega-en-frankfurt/ https://quepasanacosta.gal/elas-que-convirten-a-tradicion-en-modernidade/

Fonte

  • Entrevista realizada por Alejandra Plaza.

Comentarios