Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Solicitan o urxente arranxo dunha perigosa fenda na ponte de Xabarido

Solicitan o urxente arranxo dunha perigosa fenda na ponte de Xabarido
Fenda na Ponte de Saborido

Denuncia hoxe a Asociación Autonómica e Ambiental Petón do Lobo, a insegura situación da ponte de Xabarido, no concello de Cabana, xa que presenta fendas estruturais de gravidade no alicerce de apoio da marxe esquerda dirección Cabana-Ponteceso.

A entidade esixe o seu arranxo inmediato, pois a fenda vertical é moi profunda e mesmo flúe o auga por dentro. Tendo en conta que non hai sinais de tonelaxe máxima para cruzar a ponte, e que a xente moitas veces pesca embaixo da ponte, o perigo é grande. “E como veña unha crecida…”, indican os reponsables.

Contan polo miúdo que fenda incrementa o seu grosor na base do alicerce, a través da cal se fila a auga. Ademáis, a citada ponte carece de protección adecuada para vehículos, así como de paso peonil a ambas marxes, pasando camións de máis de 40 toneladas cargados de madeira, maquinaria agrícola de gran envergadura e de empresas leiteiras, pesos que supoñen un risco de accidente moi serio, ante a posibilidade de derrube da ponte por fallo dun dos apoios.

Recordan tamén que nestas marxes están os pescadores pescando na época de pesca como arestora, increméntandose de maneira importante o tráfico rodado e peonil pola ponte.

A entidade xa se puxo en coñecemento estes feitos da Deputación provincial de A Coruña, “sen que ata este intre non se tivera noticia algunha de disposición algunha de arranxo da citada ponte”.

Por todo isto, agora esixen publicamente á Deputación, así como aos alcaldes de Cabana e Ponteceso, que tomen en consideración esta necesaria obra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Petón do Lobo.

Comentarios