Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ecoloxistas en Acción considera, polos eólicos, “irracional” a certificación da Costa da Morte como destino 'Starlight'

Contaminación luminosa-Eolicos
Ecoloxistas en Acción considera, polos eólicos, “irracional” a certificación da Costa da Morte como destino 'Starlight'
Mentres a CMAT recolle o selo de calidade de Destino Star Light en FITUR, o grupo de Ecoloxistas en Acción considera “lamentable” esta certificación. Considera que o impacto do novo impulso eólico non pode ser obviado pola Fundación Starlight.

Xa o verán pasado denunciaban o efecto "árbore de navidade” que xeran os eólicos no ceo da comarca, e coincidindo coa entrega da certificación queren alzar a voz contra este efecto que “prexudica non só a observación e o disfrute do ceo estrelado, senón á poboación circundante a á biodiversidade”.

O grupo ecoloxista considera que as “actuais condicións do ceo nocturno en moitos puntos dos concellos implicados dista moito de ser a ideal xerando ademáis un problema de moi difícil solución”. A realidade é que cada viravento de máis de 100 metros (a meirande parte que hai na comarca, e de seguro todos os que se nos veñen enriba co novo impulso) teñen que sinalizarse con iluminación, así o comprobamos sacando a cabeza por calquera das nosas fiestras unha noite calquera, “o que afecta gravemente á liña base do horizonte nocturno causando un efecto distractivo e de molestia no observador que dificulta non só o disfrute do ceo senón a realización doutras disciplinas como a astrofotografía, que necesita ceos nas mellores condicións de escuridade posible”.

”Resulta imperdoable que a Fundación Starlight non valorase o prexuizo evidente da contaminación lumínica na liña do horizonte”. “É por iso que a certificación só pode calificarse de irracional”, e solicitan que todo isto se teña en consideración para a aprobación do Plan Eólico, así como que tomen medias para renovar o “pésimo alumbrado público” da comarca.

Novas relacionadas

Comentarios