Un 70% dos alumnos e un 25% dos profesores secundaron a folga do ensino na Costa da Morte
Parece que uniron esforzos desta volta as diferentes organizacións educativas para conseguir un paro completo do sistema educativo. A folga xeral deste 9 de marzo demostra que a loita por un Ensino Público de calidade e pola derogación da LOMCE continúa moi viva, despois de máis de 5 anos de mobilizacións. A convocante Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA- GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, Sindicato de Estudantes (SE) e IESGA, máis STEG lóubanse ter conseguido acordos maioritarios de paralización da polémica lei no Congreso, pero lamentan que aínda non sei aplicou.
Así por exemplo, a Conferedación de ANPAS Galegas “non acepta un “pacto educativo” no que non está presente toda a comunidade educativa galega” e por iso pide un paso máis alá e poder participar na creación dunha nova lei.
En todo caso, a CONFAPA decidíu retirar esta semana o seu apoio á folga, despois de “constatar a percepción social da folga e a súa invovenciencia tempora”. Entende a entidade que o “clima de consenso” que asegura o goberno estatal e entende que “a folga pode ser perxudicial para o movemento asociativo das ANPAS”. Así e todo, asegura que “esta decisión non empana, se non reforza, o compromiso cos valores identitarios da escola pública e co rexeite da LOMCE”.
As ANPAS da Costa da Morte participaron na manifestación da CoruñaAmplo seguemento da folga… entre o alumnado
Coma na maioría das citas, non defraudaron os alumnos e fixeron desta folga unha nova demostración de loita, malia que hai mestres e directores que seguen barallando a idea do “un día sen clase” para dar argumentos ao amplo seguemento. A Federación de ANPAS Provinciais-Costa da Morte contabilizou un 80% de seguemento da folga entre o alumnado, sendo maioritario entre os alumnos de Secundaria, e bastante menor entre os de Primaria.
Nós tamén fixemos contas. Despois de falarmos con 24 centros da zona (con moitos problemas ademais para que nos colleran o teléfono, porque segundo denuncian varios centros como o dos Muíños, os “recortes” provocan que non haia persoal moitas veces para coller as chamadas), un 70% dos alumnos non acodiron ás súas clases.
Outro caso parece o dos profesores, que non amosaron o mesmo compromiso que os alumnos, e vemos como en centros como o IES Fernando Blanco, só secundaron a folga 5 de 56 mestres, un 12,5% mentres que o 92% do alumnado si que a seguiron. En total, arredor dun 25% dos mestres fixeron folga e non foron ao centro.
Cómpre destacar centros como o CEIP do Pino do Val onde non houbo seguemento algún da folga. Polo bando contrario, o CEIP Milladoiro de Malpica, cun 98% do alumnado e un 74% do profesorado facendo a folga.
Seguemento da folga do ensino do 09/03/17 | Alumnos | Profesores |
IES Fin do Camiño de Fisterra | 75 | 60 |
IES Ramón Caamaño de Muxía | 44 | 50 |
IES de Ponteceso de Ponteceso | 75 | 8 |
IES Terra de Soneira de Vimianzo | 82 | 26 |
IES Maximino Romero de Lema de Baio, Zas | 50 | 12 |
IES Urbano Lugrís de Malpica | 90 | 10 |
IES Parga Pondal de Carballo | 88 | 1.5 |
IES Terra de Xallas de Santa Comba | 81 | 21 |
IES Alfredo Brañas de Carballo | 70 | 14 |
IES Lamas de Castelo de Carnota | 50 | 17 |
IES Agra de Raíces de Cee | 97.5 | 25 |
IES Fernando Blanco de Cee | 92 | 12 |
IES Fontexeria de Muros | 62 | 45 |
CEIP Fogar de Carballo | 40 | 12.5 |
CEIP Plurilingüe de Pino de Val de Mazaricos | 0 | 0 |
CEIP Areouta de Sardiñeiro | 100 | 85 |
CEIP Santa Eulalia de Dumbría | 93 | 50 |
CPI Cabo da Area de Laxe | 95 | 55 |
CPI As Revoltas de Cabana | 22 | 3 |
CEIP Praia de Quenxe de Corcubión | 85 | 20 |
CEIP As Forcadas de Corme | 95 | 17 |
CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso | 62 | 10 |
CEIP Milladoiro de Malpica | 98 | 74 |
CEIP Mar de Fóra de Fisterra | 50 | |
CEIP Os Muíños de Muxía | 17 | |
Porcentaxe total de seguemento da folga | 71 | 27 |
Novas relacionadas
- 01-03-17: As ANPAs preparan unha asemblea e unha nova folga.
- Febreiro 2017: A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE:
- Novembro 2016: O alumnado demostra que non quere á LOMCE.
- Estamos preparados para a folga e si esta non funciona… para a revolución?.
- 27-10-16: A comunidade educativa mata as Reválidas e dille non á Lomce.
- 26-10-16: A LOMCE e as Reválidas baleiran as aulas de Muros.
- Setembro 2016: Os socialistas critican a mingua da calidade do ensino na comarca de Bergantiños.
- Setembro 2016: En marcha un novo curso escolar.
- Xullo 2016: A federación de ANPAS Costa da Morte fai balance do ano académico.
- Xuño 2016: Versos como balas contra a LOMCE.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).