venres. 02.05.2025
El tiempo

Un 85% dos alumnos de 6º de Primaria da Costa da Morte faltaron á Reválida

Un 85% dos alumnos de 6º de Primaria da Costa da Morte faltaron á Reválida
Non a Revalida dende Cee

O pasado día 4 saían á rúa para mandar Versos como balas contra a LOMCE. E onte era o día de demostrar que a comunidade educativa da Costa da Morte está en contra destas Reválidas. A resposta foi unánime e o 85% dos alumnos de 6º de Primaria dos centros da zona non asistiron a estas probas.

Así nolo confirma Montse Canosa, a nova Coordinadora da Federación de Anpas da Costa da Morte, e secretaria da Anpa Uxío de Cee, que nos trae datos de 20 centros dende Carnota ata Carballo. En 11 dos Centros (os de Zas, Baio, Carballo, Malpica, Carnota, Razo, Corcubión, Agualada, Sardiñeiro, Cee e O Pindo) nin un só neno se presentou aos exames. En outros centros (Mazaricos, Cabana, Coristanco, Vimianzo, Laxe, Fisterra, Os Muíños, Bergantiños, Luís R. e Fogar), a media foi do 65%. En total comprobamos unha falta de asistencia do 85% nos centros costeiros.

Con estes datos, é evidente o rexeitamento de toda a comunidade educativa da Costa da morte a unha proba que consideramos innecesaria”, conclúe Canosa, con rotundidade.

Concentración en Cee

E repasamos a emotiva concentración do pasado 4 de maio con este vídeo.

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios