Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Un ferido grave tras unha colisión en Laxe

Un ferido grave tras unha colisión en Laxe
Accidente en Laxe Dous coches colidiron esta tarde na AC-431, en sentido Ponteceso, entre o termo municipal de Laxe e o de Cabana. Como consecuencia do golpe, un dos vehículos implicados envorcou e o condutor necesitou a axuda dos efectivos de emerxencias para saír. Unha vez fóra, foi evacuado en Ambulancia. O accidente se produciu minutos antes das seis desta tarde no lugar coñecido como Cabo da Area. Alí acudiron os Bombeiros de Carballo, membros do GES de Ponteceso e voluntarios de Protección Civil. O persoal do 112 Galicia informou, tamén, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a un equipo da Axencia Galega de Infraestruturas. Accidente en Laxe

Outro accidente de moto

Ademais, ás 20:32 Protección Civil de Laxe tivo que acodir a outro accidente na Torre de Laxe na AC-4001, vía que une a Torre de Laxe con Fornelos. Tratábase dun accidente de moto frontal contra un vehículo, que deixou o motorista ferido leve, evacuado ao PAC de Ponteceso. Acudiron Policia local, P. Civil de laxe, GES e Garda Civil de Tráfico/Atestados. Tamén se personou o Alcalde Laxe para interesarse polos feridos.

Accidentde de moto en LaxeAccidente de moto en Laxe 2 Fonte Axega

Comentarios