venres. 02.05.2025
El tiempo

Falece un home no incendio dun edificio da rúa da Estrela de Carballo

Falece un home no incendio dun edificio da rúa da Estrela de Carballo
Un incendio obriga a desaloxar un edificio da rúa da Estrela de Carballo Un incendio obriga a desaloxar un edificio da rúa da Estrela de Carballo

Este mediodía, arredor das 12:15h, rexistrábase un incendio nun edificio entre rúas Perú e Estrela de Carballo. Nunha primeira inspección os Bombeiros non atoparon persoas no interior pero arredor das 14:30h, nunha segunda entrada no piso, descubriron o cadáver dun home duns 80 anos. O resto de veciños e veciñas tiveron que ser desaloxados e os bombeiros están a empregar varios camións e unha escaleira de grandes dimensións para acceder á parte superior do inmoble e tratar de sufocar as chamas.

A vítima foi localizada polos bombeiros entre o entullo dun dúplex que ardeu por completo. É o cuarto piso dun edificio situado no número 14 da Rúa Perú, en Carballo, que, ademais, tivo que ser desaloxado. O lume ocasionou importantes danos estruturais no dúplex, de feito, os bombeiros advirten da posibilidade de que sigan caendo cascallos. O operativo se puxo en marcha a partir da chamada, ao 112 Galicia, de dúas persoas, unha delas, a propietaria da vivenda. Eran as 12:20 horas de hoxe. Cando os bombeiros lograron controlar o incendio, que, segundo a propietaria, comezou na cociña; revisaron entre os restos e deron co corpo sen vida do home. A vivenda foi precintada pola Policía Xudicial e, despois de facer as correspondentes comprobacións, os bombeiros determinaron que as demais vivendas do edificio son habitables e apenas sufriron algúns danos por mor da filtración de auga.

Ademais dos efectivos do parque comarcal, alertados polo persoal do CAE 112 Galicia, acudiron ao lugar dos feitos os axentes da Policía Local, membros de Protección Civil de Cabana de Bergantiños e técnicos da empresa subministradora do gas.

Fonte

  • Concello de Carballo.
  • 112.

Comentarios