Un Martes de Entroido cheo en Cabana de Bergantiños


Impreisonante, un ano máis, o Martes de Entroido de Cabana de Bergantiños. Non cabía unha familia máis no pavillón municipal, e todo o mundo disfrazado, que diso se trata.
As filloas corrían por todas partes, diso encargáronse as filloeiras que traballaron arreo durante toda a tarde, e a simpatía e o bo humor eran as predominantes. Houbo tempo para os xogos e obradoiros, recupendo sempre os costumes máis tradicionais.
O humorista Pedro Brandariz dirixiu con mestría a gala e repartiu os preto de 1.000€ en premios para unha morea de grupos. Grupos ademais chegados de toda a zona de Bergantiños e de Soneira. Todo, amenizado pola música, do Dúo Principal.

Sen máis, aquí vos imos deixando cos grupos gañadores dos primeiros premios neste Martes de Entroido do Concello de Cabana de Bergantiños 2012:
A cabeza non para (1º Premio)
O Paterxil pon ás monxas a mil (2º Premio)
Os Rockeros do Jas (3º Premio)
Domingo de Piñata
Para pechar a tempada, a última actividade salientable será a tradicional Xuntanza da Terceira Idade, para o domingo de Piñata (26 de febreiro). Xa vén sendo unha cita habitual e moi esperada, celebrándose un ano máis coa intención de que «os maiores» de todos os lugares e parroquias de Cabana de Bergantiños poidan gozar dun día de alegría, diversión e encontro con familiares, veciños e amigos.
Os actos previstos para este día no que se cumpre a súa XIV edición son: celebración da santa misa, invitación a xantar, actividades recreativas e baile.
Máis entroidos
- Entroido Cabana 2010: Multitudinario Martes de Entroido en Cabana de Bergantiños.
- Un impresionante entroido ácedo e indignado en Fisterra.
- Vimianzo convertiuse nun gran Circo de Entroido.
- Pistoletazo de saída ao Entroido na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Concello de Cabana.