Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un novembro social en Cabana de Bergantiños

Un novembro social en Cabana de Bergantiños

Completou o Concello de Cabana un mes de novembro cargado de actividades artelladas polo departamento de Servizos Sociais. A Concello clausurou tres das súas actividades que se viñan desenvolvendo ó longo deste trimestre.

En Garda!

A primeira tivo lugar o día 24 de novembro coa entrega dos diplomas a cargo do Alcalde en funcións, Perfecto Vázquez Lema, ó alumnado que participou no obradoiro de Técnicas de defensa persoal En garda! As sesións foron impartidas polo monitor Agustín Trigo Vitureira. Polas aulas pasaron tan só mulleres porque a elas ía dirixida a proposta. As alumnas foron Sheila Recarey Varela, Marisol Fariña Pérez, Cristina Rivera Martínez, Vicky Varela Ordóñez, Eliana Rellán Montes, María Belén Castro Duarte, Sandra Lema Parga, Ana Pazos Pardiñas, Elena Almoina Díaz, María del Carmen Mira Sande, Miriam Mato Gil, Mar Vidarte Monterroso, Sonia Lista Abelenda e Noelia Pazos Ameijeiras.

Magosto de maiores

A segunda actividade foi a recuperación do Magosto do Centro de Mayores que se ía celebrar o domingo 13 de novembro e que tivo que ser suspendido por mor da celebración dun mitin neste mesmo espazo. O magosto celebrouse este pasado domingo 27 de novembro.

Simluacro de incendio

Por último, na mañá do martes 29 de novembro celebrouse un simulacro de incendio na Escola Infantil Municipal A Casa dos Títeres coa participación dos bombeiros e de membros de Protección Civil. O simulacro iniciouse coa simulación da creación de lume na cociña coa saída ó exterior de todos os asistentes á gardería, alumnado e mestras, ata a cegada dos bombeiros que rescataron a cociñeira.

No tocante ás anécdotas deste simulacro destacar que os máis pequenos da gardería se asustaron co ruído da alarme pero, unha vez superado o susto, seguiron á perfección as ordes das profesoras e mesmo aplaudiron ó corpo de bombeiros cando sacaron a cociñeira ‘ferida’ para fóra do edificio. A cociñeira da Casa dos Títeres é Marina Beizana Rioboo e as mestras Nieves Díaz del Valle, María Noelia Rodríguez Blanco, Noelia Varela Souto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Servizo Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños, da man de Cristina Morandeira.

Comentarios