Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha documental sobre os "Kaolines de Lage"

Unha documental sobre os "Kaolines de Lage"

Gran estrea esta fin de semana en Laxe. A Asociación de Veciños de Serantes presentará este vindeiro sábado 3 de decembro a primeira documental sobre as minas de caolín de Laxe. O Local dos veciños de Serantes acollerá esta agardada estrea, sesión na que intervirá o autor Ángel Ferrero Arias, xefe da unidade do Instituto Geológico Minero en Santiago de Compostela, ademais do historiador pontecesán Luís Giadás, tamén participante como asesor histórico, e que non perde oportunidade de espallar a cultura bergantiñá en todas as súas ramas.

Os asistentes poderán coñecer a historia desta fábrica aberta en 1923 nos 24 minutos de dureción do DVD. Ademais, poderase contemplar algunha maqueta das instalacións elaborada por Pulén Pose, antigo traballador das minas e informante no documental. Así mesmo, ao remate da proxección daráse pé a unha mesa redonda entre os asistentes para recordar vellas anécdotas e experiencias persoais.

Pecharán o acto varios integrantes da escola de acordeóns da Asociación de Veciños de Serantes que interpretarán distintas pezas e repartiranse entre o público asistente exemplares da publicación: "Comarca Natural de Bergantiños" de Salvador Parga Pondal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Veciños de Serantes.

Comentarios