Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un novo Foro aberto para elaborar a estratexia do novo Programa Leader

Un novo Foro aberto para elaborar a estratexia do novo Programa Leader
Programa do GDR Costa da Morte

Agora si. O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte, e a partir de aquí cómpre resetear e comezar de novo. Para iso, o 6 de maio celebrarase no no Centro Sociocultural de Baio no concello de Zas o I Foro de desenvolvemento rural Costa da Morte, para a elaboración da estratexia do novo Programa Leader 2014-2020.

Trátase dun proceso participativo, que orientará a elaboración da estratexia do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte. O GDR está traballando na elaboración da estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), para o vindeiro período de programación 2014-2020, para o Programa Leader do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Esta estratexia orientará o financiamento comunitario na zona, que neste período, abrangue os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas, para o cal xa se está traballando activamente con eles.

Participación

Para promover a participación activa das entidades e axentes do territorio na definición e futura implementación da estratexia de desenvolvemento local, estanse a realizar xuntanzas, foros e mesas sectoriais de traballo.

O Primeiro Foro Inicial do proceso é un espazo de apertura no que se pretende realizar unha reflexión diagnóstica sobre a situación actual e retos do territorio, de cara a establecer as súas prioridades para o novo período de fondos. Esta reunión, celebrarase o día 06 de maio ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Baio no concello de Zas.

Máis citas abertas

Tamén se celebrarán unhas xornadas de traballo con mesas sectoriais, nas que o principal obxectivo será o de definir a proposta estratéxica de actuación, marcando os obxectivos e liñas de actuación do Plan. Estas reunións celebraranse os días 18 de maio, no Edificio de Servizos Múltiples de Vimianzo, e día 19 na Casa do Oleiro en Buño. Ambas reunións serán a partir das 18:00 horas. Para rematar o proceso terá lugar, o día 17 de xuño, un Foro Final no que se presentarán os resultados do proceso, e se validará o documento que se presentará para optar á xestión do programa Leader. Este Foro, celebrarase ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Baio. A elaboración da estratexia é de vital importancia para o futuro desenvolvemento do noso territorio. As reunións son de carácter aberto, e poden participar acodindo directamente ou reservando praza en [email protected] .

Novas relacionadas

Fonte

  • GDR Costa da morte.

Comentarios