Un traballador cae dunha altura de dous metros en Cabana de Bergantiños
10:06 22/04/16
Imaxe da evacuación do ferido en Cabana-Foto-Jose Antonio Rama
Malas novas nesta mañá de venres 22 de abril de 2016 tras suceder un novo accidente laboral. O helicóptero medicalizado con base en Santiago se trasladou a Cabana de Bergantiños para atender a un operario que caeu a un foso de dous metros. Sucedeu pouco despois das 8:00h desta mañá nunha obra que están a executar na parroquia de Cánduas.
Os efectivos de Protección Civil da localidade colaboraron cos técnicos sanitarios para acceder ao ferido. Ademais, os xestores do CAE 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Carballo, que, finalmente, descartaron intervir en canto se confirmou que o traballador estaba fóra do foso.
Accidentes laborais en 2016- 07-03-16: Falece un mozo de Laxe nun accidente laboral en Valdoviño.
Fonte
- Axega.