Unha completa primavera de Conviviencia en Cabana
08:05 08/04/14
Chega unha Primavera completa a Cabana. O programa “Primavera da Convivencia” do Concello cabanés, propón citas culturais para os meses de abril, maio e xuño. Hai varias liñas de actuación, prantexadas coas artes, o patrimonio, o medio natural, a conciliación, a natureza, a interculturalidade…
Imos repasando por temáticas:
- “Convivivencia coas artes”, con obradoiros de cestería impartidos polo cabanés Jaime Cagino cada venres ata finais de maio de 16:00h a 18:00h no Centro Social de Neaño.
- “Convivencia co patrimonio”, con visitas guiadas en horario de mañá ó Castro A Cidá de Borneiro (patrimonio B.I.C.), Rego dos Muíños (patrimonio etnográfico) e Enseanda da Ínsua (patrimonio natural). Aberto prazo de inscrición e reserva.
- “Convivencia co medio natural” cunha Ruta pola Senda do Anllóns desde a Casa das Mariscadoras ata o Rego dos Muíños, para o venres 11 de abril de 10:00h a 14:00. Con xogos de animación e deportivos e posta en funcionamento do Muíño do Ferreiro con Ángel Eiroa e o muiñeiro Antonio Mato. Organiza C.R.A. Os Remuíños.
- “Convivencia e conciliación” con actividades para os peques os días 14, 15 e 16 de abril de 10:00h a 14:00h na Casa da Cultura, co Meniñeiro de Semana Santa. Xogos, manualidades, expresión corporal... Para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Inscrición ata o 8 de abril.
- “Convivencia coa Natureza” cunha xornada de limpeza para o mércores 23 de abril ás 10:00h na Praza do Pendón para realizar a Recollida selectiva e reciclaxe co alumnado de Educación Primaria do CPI AS REVOLTAS. Visita do aula móvil da campaña educativa “Separemos ben, reciclaremos mellor”.
- ”Convivencia Intercultural”: o domingo 27 de abril, a Aula de Usos Múltiples do Auditorio Municipal acolle ás 18:00h unha sesión de mestizaxe Cabana-Xapón "Unidos por el Sol". Con danzas xaponesas a cargo da Escola municipal de musicoterapia, demostración da "cerimonia do té", obradoiro de "origami”…
- ”Convivencia en familia”: O mércores 14 de maio, ás 17:00h no Centro Social de Neaño terá lugar a Celebración do Día Internacional da Familia co acordeonista Eloy Mato e a cantante Sonia Rodríguez.
- ”Convivencia da memoria”: o venres 23 de maio, ás 20:00h, o Centro Social de Neaño acollerá a actividade de lembranza do gaiteiro Manuel Cousillas Baña "Manolo de Xusto". Coa participación de familiares, actuacións musicais, fotos antigas, membros da Fundación Barrié e o filólogo e folclorista Antón Santamarina coautor do "Cancioneiro Popular Galego”.
- ”Convivencia teatral”: O domingo 1 de xuño, ás 18:00h, o Auditorio Municipal acollerá as Reprentacións da Escola Municipal de Teatro dirixida por Silvia Losada coas obras: "Enrico e Francesca", "A sopa queima", "As pingueiras", "Dous problemas importantes", "Os reloxios preguiceiros", "As sogras”.
- ”Convivencia musical”: o domingo 8 de xuño, o Auditorio acollerá ás 18:00h o Festival de fin de curso cargo d@s nen@s e mestres da Escola Municipal de Música "José María Álvarez Canto”.
Novas relacionadas
- Un estudio fai públicos 172 topónimos deturpados nas sinais da comarca de Bergantiños.
- Lois Patiño colleita un novo premio coa súa Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).