Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha nova furgoneta para que Íntegro chegue a Camariñas e Camelle

Unha nova furgoneta para que Íntegro chegue a Camariñas e Camelle
Furgoneta de Integro

Boa axuda da Deputación ca renovación da flota de vehículos adaptados para entidades sociais da provincia. Unha das que se benefician deste servizo é a Asociación Íntegro que presta servizos nas Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, que onte recibía unha nova furgoneta gracias á area social. A deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco e o presidente da entidade, Adolfo López asinaron o convenio nun acto en que participou tamén o deputado da comarca Manuel Muíño.

Trátase dunha furgoneta de nove prazas con plataforma eléctrica e chanzo eléctrico valorada en máis de trinta mil euros que servirá para a mellora do traslado de usuarios ao centro. O novo vehículo porase en funcionamento de inmediato e fará fundamentalmente o percorrido entre Camariñas e Camelle.

Desde a asociación Íntegro, o seu presidente Adolfo López, valora o programa da Deputación da Coruña xa que, segundo anota, "o transporte é fundamental para as entidades que traballamos no ámbito dos servizos sociais e a necesidade de renovar as flotas é xeral para todas as asociacións sen ánimo de lucro que están traballando de maneira especial no ámbito rural”.

Outras entidades que poden disfrutar destes vehículos, ademais de Íntegro, son Avante, Asociación de Discapacitados da Comarca de Muros, Asociación Discapacitados Terra de Muros, Asociación Pais Def. Físicos e Psíquicos Comarcas Xallas-Cee Aspadex.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/aspadex-estrea-furgoneta/

Comentarios