sábado. 21.06.2025
El tiempo

Unha visita semanal a Dombate (VI)

Unha visita semanal a Dombate (VI)
O museo do Dolmen de Dombate vai collendo forma. Ou perdéndoa, depende dende onde se mire. Da man de Estevo Lema volvemos visitar estas obras, que a proori deberían estar rematadas antes de que remate o ano. Xa se pode adiantar que antes de fin de ano seguro que non rematan, e o prazo ampliouse un par de meses polo que se espera que en febreiro rematen estas obras de musealización. Con todo, cómpre sinalar que as obras están moi avanzadas, como podemos ver nas imaxes. De feito, o edificio da entrada xa está case que rematado. Ademais, o dolmen xa está cuberto da choiva e malia que falta o impermeabilizante, xa non lle chorrea por riba. O que está de noraboa é Anxo Eiroa, técnico de turismo do concello cabanés e guía turístico en Dombate, que xa está desexando que se rematen polo menos do edificio de entrada, para poder sair da pequena casetiña na que ten que refuxiarse nas súas horas de atención ao público. E un ano máis estará Anxo de guía no dolmen cabanés, logo de que a Deputación ampliase á empresa Inicia 1 ano máis o contrato para coidar e promocionar o dolmen.

Novas relacionadas

Artigos relacionadoa

Máis novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía de Estevo Lema.

Comentarios