Unhs 40km das obras da AC-552 estarán listos ao final do verán


Continúa a estrada que vertebra a Costa da Morte en plenas obras. Xa van varios meses dende que comezaron as obras de reforzo do firme da AC-552, i é que fanse necesarias unha vez que a VAC non será unha realidade ata xuño de 2013 (en principio claro).
Hai un par de semanas a Xunta aseguraba que as obras de mellora da AC-552 non estarían listas ata o cuarto trimestre do 2011. Hoxe matiza, e asegura que máis de 40 quilómetros da estrada Coruña-Cee estarán listas despois do verán, é dicir, nun 44% do vial.
A Xunta está a actuar nas zonas máis perigosas, principalmente en interseccións e enlaces nas travesías e zonas periurbanas e interurbanas, proporcionando mellores condicións de visibilidade. Ademais lévase a cabo o reforzo do firme.
Datos
A Xunta está a investir 10 millóns de euros en mellorar a seguridade viaria nos concellos de Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee.
Os traballos que está a levar a cabo a Consellería de Medio Ambiente consisten en mellorar as interseccións e facer reforzos de firme nos seguintes tramos:
Treito | Concellos | Importe M € |
Pk 37+300-50+000 | Coristanco e Cabana | 2,6 |
Pk 55+000-69+00 | Zas e Vimianzo | 3,8 |
Pk 75+000-88+600 | Vimianzo, Dumbría e Cee | 2,8 |
O conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, engadiu que a estas actuacións hai que sumar outra recentemente rematada, que tamén consistiu na mellora de interseccións e reforzo de firme no treito que discorre dende o pk 32+100 ao 35+00, ao seu paso polos concellos de Carballo e Coristanco, así coma no treito de San Roque de Coristanco, no tramo 35+000 ao 37+000 da AC-552.
Autovía Carballo- Berdoias
O Conselleiro recordou que Ahai xustamente unha semana asinouse co Consorcio Autovía Costa da Morte o contrato de concesión de obra pública que permitirá executar a infraestrutura, cuxas obras comezarán en agosto.
Novas relacionadas
- Informe de sinisetralidade: Case un accidente ao día nas estradas da Costa da Morte.
- Asinado o contrato da VAC: As obras comezarán en agosto e estará lista no verán do 2013.
- A Xunta licita a Ponte da Piroga.
- Adxudicación polémica da VAC e asfaltado de varias estradas de Vimianzo e Ponteceso.
- Que che parece o parcheado da AC-552?.
- 02-12-10: As obras de mellora da AC-552 non estarán listas ata o cuarto trimestre do 2011.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.