Venres. 26.04.2024
El tiempo

Veciños de Coristanco e Cabana piden ao Arcebispado que volva de Colombia o sarcedore Leonel Primitivo

Veciños de Coristanco e Cabana piden ao Arcebispado que volva de Colombia o sarcedore Leonel Primitivo
O sacerdote Leonel Primitivo Diaz Guaque O sacerdote Leonel Primitivo Díaz Guaque

Quedaron os veciños feligreses de Coristanco e Cabana orfos cando o Arcebispado de Santiago enviaba a Colombia ao sacerdone Leonel Primitivo Díaz Guaque. Os parroquianos de Valenza, Castro, Rececinde, San Xusto, San Paio, Centiña, Verdes, Cereo e Corcoesto, que tanto veñen gustando da labor pastoral do párroco, solicitan que o traian de volta á Bergantiños.

A veciñanza, ten previsto non asistir á celebración das misas e mesmo está recollendo sinaturas e este mesmo domingo ás 11:30 horas, no local social de Cures- Corcoesto, está prevista unha das reunións da veciñanza para tratar sobre este tema.

Leonel Primitivo Díaz Guaque é un sacerdote, que no tempo que leva no exercicio da súa tarefa relixiosa, dentro da súa labor como xestor destacou polo elevado número de restauracións de imaxes relixiosas, o restablecemento de cultos (como o culto a Sta. Bárbara na parroquia de Corcoesto), e a realización de obras nos edificios relixiosos (acometida de auga na capela de Sta. Margarida de Baneira), e outras tarefas que, de non regresar, quedarían a medio facer co conseguinte prexuizo para o patrimonio eclesiástico. Ademais, a veciñanza comprobou que é un gran valedor das persoas enfermas, das personas necesitadas, amante dos animais e do medio ambiente.

Fonte

Comentarios