Venres. 29.03.2024
El tiempo

Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte

Norgalicia Formigón leva máis de 6 anos vendendo formigón na Costa da Morte. Sería un proxecto máis se non fose porque está comandado por unha muller, unha muller no epicentro do sector da construción, en plena Costa da Morte.

Unha muller ourensá, que tras unha década traballando no sur do país, apostou pola industrialización da comarca de Soneira, dando traballo a 4 persoas da zona, ademais dos dous socios.

Nesta Semana da Muller queremos falar con Susana Salgado, a química que inventa a fórmula do seu formigón de calidade, que ademais sabe o que é poñer o traxe de comercial e ir conseguindo traballo polas obras da contorna.

Susana Salgado de Norgalicia Formigon
Susana Salgado leva Norgalicia Formigón dende Baíñas
Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte
  • QPC: Como sobrevive unha empresaria no mundo da construción da Costa da Morte?

Todo empresario traballa sen descanso para manter a súa empresa, e máis neste sector, tan castigado nos últimos tempos. Nós tivemos a sorte de que, nada máis chegar á zona de Vimianzo, empresas coas que xa traballaramos na zona de Pontevedra estaban a facer unha obra de emerxencia en Lires, e outra constructora un acceso en Laxe. Traballara con elas en varias ocasións e sabían que facía formigóns de altas resistencias. Facer estes formigóns permitiunos darnos a coñecer na zona da Costa da Morte e ter a posiblidade de que tamén contasen con nos para facer obras como o acceso ó Mercadona en Cee, reparacións de formigonados en eólicos do lugar e tamén o punto limpo de Vimianzo, entre outras cousas.

Ver os nosos camións circular pola zona fixo que a xente tamén se preguntara quenes éramos e pouco a pouco fomos facendo clientes do lugar.

  • QPC: Inflúe á hora de conseguir negocio na Costa que, ademais de ser muller, sexas “de fóra”?

As mulleres estamos cada vez máis presentes no mundo da construción. Somos coordinadoras de Seguridade, Arquitectas, Arquitectas Técnicas, Enxeñeiras de Camiños, Químicas... hoxe en día ver a unha muller nunha obra non é unha novidade, polo que non ten porque ser algo a destacar nin positiva nin negativamente.
En canto a ser de fóra, o máis complexo de mudar son as costumes: se estás contento cunha empresa que che suministra o formigón, non é doado que mudes para outra.

  • QPC: Como vives esta semana da Muller na zona? Vés que hai un movemento reivindicativo activo ou vés a Costa parada neste senso?

A Costa móvese para que a muller ocupe o espazo que lle corresponde, que é o de estar no mesmo lugar que os homes. Cada vez as manifestacións son mais multitudinarias e tamén o pensamento de igualdade, aínda así queda camiño por percorrer.  

  • QPC: Consideras necesario que a sociedade siga realizando campañas de discriminación positiva para o empoderamento da muller?

Claro que sí. É importante ver cada vez a máis mulleres en postos que tradicionalmente ocupaban homes. Se a preparación é a mesma, non vexo distinción entre un home e unha muller á hora de desempeñar con éxito o teu traballo.  

  • QPC: É un mito que os grandes negocios se firman comendo?

A miña experiencia persoal é que si é un mito. Actualmente, os grandes e pequenos negocios péchanse demostrando a túa experiencia. Que leves anos facendo os distintos tipos de formigón que se precisan é unha tranquilidade para a empresa que vai a contratar un suministro.

 

  • QPC: Traballades máis para empresas privadas ou para Concellos?

Na actualidade, fundamentalmente para empresas privadas.

 

  • QPC: Cales son as dificultades para aumentar a carga de traballo? Competencia, acordos tácitos…?

A pesar de ser unha zona con moito potencial, non hai moitas obras para levar a cabo. Este feito supón que a carga de traballo se manteña máis ou menos constante dun ano para outro, exceptuando algunha obra puntual e non habitual, como pode ser agora co tema dos Parques Eólicos que se están a facer na zona.

 

  • QPC: Seica… ata vos acatou un raio?

Pois sí. Parece algo pouco probable pero dende logo aquel 13 de decembro de 2018 tardarei en esquecelo. Estabámos co formigonado dunha zapata do Parque Eólico que está moi preto das nosas instalacións cando un raio caiu como a 50-100 m de nós, o que supuxo que se queimase parte da instalación eléctrica e electrónica da empresa. A avaría deuxounos fora de xogo durante un par de días pero puidemos recuperarnos a tempo.

Susana Salgado nunha charla de Emprendedores Anonimos
Susana Salgado foi unha das protagonistas da xornada de Emprendedores Anónimos deste mes de marzo na Coruña e contou a súa historia en Vimianzo

Artigos 8M

Novas do 8 de marzo

Máis novas

Comentarios