Aberto o prazo para unha nova temporada do Carballo Coworking

Toda a mocidade emprendendora que estea no comezo da creación dunha empresa, dun proxecto como autónom@, xa se pode poñer en contacto co Carballo Coworking para comezar a singradura cun apoio importante. A Concellería de Promoción Económica vén de abrir unha nova edición deste espazo de traballo colaborativo, destinado a impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de iniciativas empresariais.
Vale todo tipo de proxectos pero as máis valoradas son as que estean vinculadas ao ámbito da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, o sector audiovisual, o turismo ou a investigación e a economía social.
Todas as persoas cunha idea de negocio e/ou empresas de menos de dous anos de antigüidade que estean interesadas en acceder a un dos 18 postos de traballo habilitados neste espazo, situado no 2º andar da nave 1 do Fórum Carballo. As autónomas poderán estar un máximo de 12 meses e as empresas ata 3 anos.
Con todo, o Coworking é moito máis que un local físico. As sinerxias constantes entre proxectos axudan a atraer clientela a uns e outros, e ademais hai numerosas actividades formativas. Así o disfrutaron na primeira etapa profesionais de Camariñas, Muxía, Zas, Ponteceso e, na súa maior parte, Carballo, desenvolvendo as súas ideas e/ou proxectos sobre economía social, artesanía ou téxtil xunto a empresas de nova creación nas que traballaban autónomos e profesionais independentes do ámbito cultural, a fotografía ou o deseño.
Falabamos en QPC con moitos deles, como vedes nas novas abaixo.
Así, se estás interesado infórmate chamando ao 881 983 520 ou envía un mail a coordinació[email protected].
Novas da primeira edición do Carballo Coworking
- Xuño 21: O Carballo Coworking forma en xestión administrativa e financiamento para emprendedores/as.
- O viveiro de empresas da Laracha espera inquilinos.
- Dolores Nieto: “A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación”.
- Martín Graziano: "O Coworking Carballo abre portas xa que estás en contacto directo con emprendedores”.
- A Formación segue guiando aos emprendedores do Coworking Carballo.
- Herminio Angeriz imparte un curso de legalidade empresarial para os usuari@s do Coworking Carballo.
- Primeiras accións formativas dun Coworking de Carballo que xa funciona a pleno rendemento.
- O Coworking Carballo sae á rúa a buscar emprendedores.
- O Coworking de Carballo xa está a disposición de emprendedores ou empresas de nova creación.
- Dezaoito emprendedores ou empresas de nova creación xa poden utilizar o Coworking de Carballo.