Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Visitas guiadas de día e de noite para coñecer o dolmen de Dombate

Visitas guiadas de día e de noite para coñecer o dolmen de Dombate
E para aqueles que queiran saber un pouco máis da incríble historia que agocha o dolmen de Dombate, en Borneiro, teñen a oportunidade de facer unha visita guiada ata o 30 de setembro. O concello de Cabana de Bergantiños puxo en marcha esta iniciativa dentro do programa cultural para este verán. As visitas guiadas nocturnas terán lugar os días 11, 18 e 25 de xullo a partires das 23 horas, e serán dunha hora de duración. No mes de agosto tamén se pode coñecer de cerca o dolmen pola noite os días 1, 8, 15, 22 e 29. Durante o día as visitas guiadas son de martes a domingo de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Comentarios