Xosé Regueira encabeza a renovación do BNG de Bergantiños
Tiña cita importante a asemblea comarcal do BNG de Bergantiños o pasado venres. A orde do día incluía a renovación do Consello Comarcal, e a equipa aprobaba por unanimidade a candidatura liderada por Xosé Regueira, actual concelleiro de Promoción Económica de Carballo e responsable de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artístico na Deputación da Coruña.
Regueira, abalado por unha longa experiencia e capacidade de xestión, pediu “compromiso” á militancia ao tempo que sinalou que o camiño é “abrir a organización á sociedade bergantiñá para iluisonar á cidadanía”.
Segue o BNG, a nivel estatal, en profunda renovación, co proceso “Adiante” como folla de ruta, “un proceso de refundación que ten como obxectivos, a un ano vista, a actualización do discurso do proxecto do BNG, a recuperación do pulso social e o ensanchamento da base social do nacionalismo”.
Xosé Regueira presentou unha candidatura paritaria, con representación dos diferentes concellos bergantiñáns e cun importante peso específico de Carballo. Como consecuencia, a composición do consello comarcal do BNG é a seguinte:
- Xosé Regueira, portavoz.
- Xulia Mira, viceportavoz.
- Benedito Viña, responsable de finanzas.
- Maica Ures, responsable de muller.
- Marcos Trigo, responsable de organización.
- Zaira Caamaño, responsable de mocidade.
- David Rodríguez, responsable de política medioambiental.
- Inés Rodríguez, responsable de política municipal.
- Xoán Sande.
- Carolina Castiñeiras.
- Paco Souto.
- Begoña Moscoso.
- David Cancela.
- Lucía Veciño.
- Carlos Penedo.
Novas relacionadas
- O BNG propón maior pluralidade poítica para os entes comarcais da ría de Muros.
- O BNG da Costa da Morte renóvase.
- Manuel Antelo asegura que “o BNG desprazouse deixando fóra a moita xente”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).