Mércores. 09.10.2024
El tiempo

“Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”

“Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”
Charla sobre compostaxe en Camarinas

Xa están en marcha o programa "Camariñas Verde”, un programa que trata de achegar a compostaxe caseira ás familias do rural galego. O pasado xoves 25 familias de Xaviña participaron na primeira charla informativa, que servíu para explicar os motivos que fan que no Concello de Camariñas se interese pola compostaxe.
Unha aposta que vén do 2011, cando o Concello camariñán tivera unha primeira experiencia.

A clave é a reciclaxe, tendo en conta que nas nosas casas o 50% dos residuos son orgánicos. A idea é deixar de utilizar os contedores verdes que van directamente a unha SOGAMA sobre pasada, para reciclar todo na casa.

"Os composteiros son moi agradecidos" dicía María Durán, de Amigos da Terra. "Bótaslle residuos e devólvenche compost". Durante a charla amosou compost feito na súa casa. "É un abono perfecto, non ule e podes gardalo ata tres anos en sacos. Para as nosas terras, que soen ser moi ácidas, é o mellor que lle podemos poñer." comentaba María.

Os restos da comida xunto con follas secas, herba cortada, restos de poda, serrín, cortezas de pino, todo iso vai ao composteiro.

Ao rematar a charla os veciños de Xaviña que participan no programa asinaron un compromiso e levaron o seu composteiro. Quedan por diante varias visitas domiciliarias para axudar no inicio da compostaxe. Para este ano xa é moi tarde, pero para o ano que vén Xaviña comezará a abonar as súas leiras co seu propio compost.

O programa Camariñas Verde" está financiado pola Deputación da Coruña, ca colaboración do Grupo Soil e a execución técnica da asociación ambientalista Amigos da Terra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios