Luns. 06.05.2024
El tiempo

Piden de novo que a Costa da Morte acolla unha das seis plantas de Compostaxe galegas

Piden de novo que a Costa da Morte acolla unha das seis plantas de Compostaxe galegas
Imaxe da Planta de Reciclaxe de Lousame

Volve a saltar á palestra a petición por unha Planta de Compostaxe na Costa da Morte, que xa fóra presentada polo BNG no 2010. É a Asemblea Nacionalista de Cee a que presentou onte como moción no concello de Cee e a que enviou como proposta á Mancomunidade de Fisterra e aos concellos da Comarca de Soneira, a petición de que a Costa da Morte acolla unha das 6 plantas de compostaxe que están proxectadas para o territorio galego.

A idea é a da "racionalización da administración local é a agrupación de servizos por concellos na procura da mellor prestación dos servizos que lles son propios".

Entende que agora coa "pretendida subiida do canon de SOGAMA", hai máis razóns para solicitala. "Non se trata de ser minifundistas e tirar cada concello polo seu lado. Non só importa canto se paga, senón tamén por qué se paga. Nos recibos cobran pola recollida e o tratamento do lixo. Que non nos tomen o pelo. En SOGAMA non tratan o lixo, vérteno", denuncia Dani Oca.

Por todo esto, queren "Trasladar ao goberno da Xunta a disposición absoluta do concello de Cee para que se instale Comarcas de Fisterra e Soneira una das 6 plantas de compostaxe proxectadas para Galicia. A ubicación óptima de dita planta determinarase atendendo a criterios técnicos".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do ANC.

Comentarios