Sábado. 27.04.2024
El tiempo

100.000 euros provinciais para reurbanizar as rúas camariñás Ramón Noguera e Irmáns Fernández

Alcaldesa de Camarinas Sandra Insua Deputacion
Sandra Insua na Deputación
100.000 euros provinciais para reurbanizar as rúas camariñás Ramón Noguera e Irmáns Fernández

Asinou onte a alcadesa de Camariñas, Sandra Insua, na Deputación da Coruña un convenio para o financiamento das obras de reurbanización das céntricas rúas Ramón Noguera e Irmáns Fernández, no Concello de Camariñas, un proxecto para o que achegará un total de 102.676,82 euros, o 80% do orzamento total da obra.

A actuación centrarase na pavimentación, aplicando un novo firme de formigón armado na rúa Ramón Noguera e de aglomerado asfáltico en Irmáns Fernández, material que tamén se usará para o entronque coa Avenida da Coruña.

Previamente á pavimentación procederase á execución dunha rede de saneamento de augas fecais con bombeo co obxectivo de canalizalas á red xeral que conduce á estación depuradora e evitando así que se produzan vertidos ao mar. Paralelamente, instalarase outra rede para a recollida e evacuación de augas pluviais.

Finalmente, procederase á ordenación do encontro destas dúas rúas coa Avenida da Coruña. Para facilitar a mobilidade habilitarase un paso peonil de pedra granítica que conectará a Avenida da Coruña coas rúas a través da illa existente, na que se renovará a zona verde, instalarase unha luminaria e tamén unha baranda.
 

Comentarios