120 anos do Faro Vilán


Unha das nosas meirandes iconas é, sen dúbida, o Faro Vilán. Senlleiro espazo onde a natureza e a man do home converxen dun xeito difilmente mellorable. Un Faro que cumpre 120 anos, e por iso a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vai organizar un evento singular.
Celebrarao xusto o próximo venres 15 de xaneiro, cando se cumprirán 120 anos que o actual faro de cabo Vilán entrou en funcionamento. Así, baixo o título “A posta en marcha do faro de Cabo Vilán”, terá lugar un acto presentado por Xosé Ameixeiras (Delegado da Voz de Galicia en Carballo), que comezará ás 18.00 horas.
Haberá varias exposicións, unha con Noticias da época relacionadas coa inauguración do Faro Vilán. E outra, se cabe máis interesante, de Fotos do arquivo de Ramón Caamaño, cedidas por Chete Pose.
Ademais, haberá 3 ponencias. Comezará Jesús Ángel Sánchez García (Licenciado en Xeografía e Historia (1990) e Doutor en Historia da Arte (1992), dende o ano 1998 e profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, falando de A lenda da Costa da Morte. Naufraxios e faros como desencadeantes para a activación dun patrimonio marítimo.
De seguido, será Andrés Cerdeiras o que recorde a aportación da empresa Cerdeimar á electrificación do faro. E finalmente, a técnica de Turismo da asociación Tania Carreira Rial falará sobre "Unha luz na noite".
Novas relacionadas
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Novembro 2015: O aumento de visitantes refrenda ao Faro Vilán como exemplo de xestión turística.
- Setembro 2015: Coruñeses e madrileños, os que máis visitan o Faro Vilán.
- Outubro 2014: O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán.
- Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).