O xadrez faise grande nos Faros da Costa da Morte
Chegou á súa fin o I Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros. Esperemos que sexa o primeiro de moitos, e que se convirta nunha referencia a nivel mundial. Polo de pronto, as valoracións son máis que positivas, e a Costa da Morte foi durante 10 días o centro do xadrez mundial.
Para logralo hobo que combinar varias cousas: a vontade dun percebeiro amante deste deporte, Santi Pérez, unha zona tan simbólica como a nosa, e a participación de 5 campións mundiais, convertindo o torneo no taboleiro onde se poden disfrutar das mellores partidas do mundo.
Impresionante ademais o despliegue de medios que o locutor Leontxo García trouxo para retransmitir en directo as partidas a través da internet.
Foron 10 días de charlas, partidas, visitas escolares... Importante o feito de promocionar a Costa da Morte a nivel turístico, non cabe dúbida. Pero tamén é fundamental promocionar un deporte como o xadrez entre a mocidade de todo o país. De feito, os campións mundiais chegaron ás escolas da zona, como podemos comprobar no Remuínho dos Muíños, onde os cativos quedaron abraiados vendo como o campión Iván Cheparinov era capaz de xogar, e gañar, cos ollos vendados.
Julio Granda leva o Torneo
E se todo o que hai aorredor do evento era importante, o que é o Torneo en si tamén é unha nova. O Torneo constaba de varias xornadas, partidas entre os 5 campións, nunha proba que ademais é puntuable para o campionato do mundo.
A cousa estivo igualada ata o último suspiro, é dicir, ata a tarde de onte. Chegaban case que empatados 3 xogadores á gran final da Biblioteca de Muxía. O peruano Julio Granda partía cunha lixeira vantaxe de 0,5 puntos sobre o húngaro Rapport e o búlgaro Cheparinov, a priori, o gran favorito. E os últimos enfrontamentos deixaban un choque entre o ourensán Iván Salgado con Granda, e entre Rapport e Cheparinov.
Non puido o ourensán campión de España batir ao peruano e Julio Granda fíxose co título por diante de Cheparinov, que dou conta de Rapport no outro partido.
Creando canteira
Esperemos pois que os vindeiros anos sexan alomenos os 3 faros (desta volta o Faro Touriñán non estaba acondicionado para acoller partidas como si o fixeron o Faro Fisterra e o Vilán) os que acollan a segunda edición deste, o único torneo disputado en faros de Europa.
Todo gracia á vontade, como dicimos, de Santi Pérez. Responsable do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, leva prantando a semente deste deporte varios anos. E parece que xermina e as súas flores chámanse, por agora, Iván Salgado, Iván Cheparinov, Julio Granda, Rapport ou Lázaro Bruzón. Quen sabe se nuns anos temos un Búa ou un Pazos entre os mellores do mundo.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte no epicentro do xadrez mundial.
- O xadrez invade a fin da terra.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
- A bitácora da semana (CCXXXI): Chess Faros.
- A bitácora da semana (CCXXXII): Chess da Costa.
Máis novas
- Coñecendo mundo a través do xadrez.
- O xadrez muxián invade toda Galicia.
- A semente do xadrez prende en Muxía que xa conta con dous clubes.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- A xogada mestra (XXVIII): O reMate con Garri Kasparov.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).