Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os 4 clubs de Camariñas e o Concello únense para crear unha Escola de Fútbol

FOTO - O Concello asina un convenio de colaboración cos clubs de Camariñas para a creación dunha escola de fútbol (1)
Os 4 clubs de Camariñas e o Concello únense para crear unha Escola de Fútbol

Fermosa iniciativa a que fomentou o Concello de Camariñas para a creación dunha Escola de Fútbol entre os 4 clubs do municipio. O presidente do Camariñas C.F., Vicente Carril; o presidente do club Porteño C.F., Manuel Castiñeira; o presidente do Camelle S.D., Luis Romaní; e o presidente do club As Baleas, Vicente Castiñeira, asinaron un convenio coa alcaldesa Sandra Insua, e o ex futbolista Juan Cabrejo, que será o encargado da parte técnica e administrativa de todas as categorías inferiores.

As categorías a desenvolver nesta unificación van desde Biberón e ata cadetes, ambas incluidas. Ditas categorías competirán tanto en fútbol como en fútbol sala.

Sandra Insua destacou “a importancia deste convenio para todos os nenos e nenas de Camariñas amantes deste deporte e que a partir de agora non terán que desprazarse a Concellos limítrofes para xogar ao fútbol”.
Na mesma liña, o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, quixo pór en valor “a gran dispoñibilidade e predisposición de todos os clubs asinantes por chegar a este acordo, que respecta e fomenta o espírito dos valores propios da práctica do deporte e xogo limpio”.

Comentarios